jueves, 6 de diciembre de 2018

Achégase o Nadal

Esta semana, aínda que foi moi cortiña, fixemos xa os primeiros traballiños de Nadal: unha postal e un mural de reno para a porta da aula. Deixovos algunhas fotos para que vexades o moito que traballaron os peques.
Unha aperta e a disfrutar da ponte.

Facendo a postal:







Pintamos un reno moi especial entre todos:












domingo, 25 de noviembre de 2018

25 de Novembro, plantámoslle cara á violencia.


O mellor momento para comezar a educar na non violencia e a igualdade é "canto antes". Por iso estes dias no cole levamos a cabo unha serie de actividades para celebrar o día 25 de Novembro que dende fai uns anos adícase á concienciación sobre a violencia de xénero.
Algunas iniciativas a nivel centro: a elaboración de colgadores para as portas con mensaxes significativos.



En conxunto cos nenos e nenas de educación infantil un mural de estampación de máns de cor morada.







E na aula reinterpretamos un debuxo dunha artista que estamos a coñecer estes días e que se chama Abi Castillo.
Este é o orixinal:


Velaquí o noso

:









miércoles, 21 de noviembre de 2018

Celebramos o día da Infancia

O 20 de Novembro conmemórase o día da infancia, e para festexalo fumos convidados a participar nuns obradoiros no instituto de FP veciño. 
Ao longo do noso percorrido polos distintos obradoiros coñecimos algúns dos dereitos que temos os nenos e as nenas da mán dos alumnos e alumnas do Ciclo de Educación Infantil.



miércoles, 7 de noviembre de 2018

Papando por Samaín

Este ano celebramos conxuntamente o Samaín e o Magosto o día 31 no cole. Por iso foi día de encher o bandullo, xa comezamos o día antes facendo unhas recetas de froita terrorífica na clase, plátanos pantasma e mandarinas-cabaza que resultaron deliciosas.









O mércores todos preparados cos cestiños para baixar ao Magosto.




      


           

viernes, 26 de octubre de 2018

Gozando do outono


Este ano estamos a ter un outono moi peculiar...de bo tempo. Por iso aproveitamos para sair de paseo pola contorna do cole e recoller follas como o fixéramos xa o curso pasado. Deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos e un video dunha manualidade cas follas recollidas.
Unha aperta.











Mirade que chulada: GRRRRRRRRRRR!