martes, 2 de junio de 2020

Transformando as merendas

Este ano o noso centro estrenouse como un centro "Voz natura" e para facelo escollimos o lema

CO PLÁSTICO POUCA BROMA

como parte dun traballo de investigación os rapaces de infantil analizaron a cantidade de plásticos que se xeraban na hora do almorzo un día calquera...o resultado deixounos...abraiados


Decatámonos de que tiñamos un problema, e xuntando isto con que somos un cole "PROXECTA ALIMÉNTATE BEN"....Fervelliño propuxonos un cambio... incrementar o número de pezas de froita e reducir as merendas envasadas... motivando aos nenos con concurso de consumo de pezas de froita.



O alumnado e as familias estaban a participar de xeito moi activo nesta iniciativa (seguro na casa seguen a consumir moita froita fresca), e ademais todos os días contar a froita e anotalo no panel convertíase nunha tarefa mais dentro das dinámicas de aula. (traballando as mates sen nos decatar)



O ano que ven temos que seguir...AVISADOS QUEDADES
E no verán recordade: COS PLÁSTICOS POUCA BROMA


No hay comentarios:

Publicar un comentario