martes, 29 de octubre de 2019

Arte con Millo

Outro dos productos  que se colleitan nestas datas é o millo, por iso Alex trouxo unha pequena mostra á clase. Pudemos ver o que é a mazorca, o gran, o carozo... Debullamos os grans e traballamos con eles o conteo. Investigamos sobre o proceso de elaboración da fariña e vimos fotos de muiños de pedra. E coas mazorcas xogamos a facer construccións e pintamos libremente coma se foran brochas no papel continuo.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario