martes, 23 de mayo de 2017

TÍTERES EN F.P.

O VENRES PASADO OS ALUMNOS DO GRADO DE F.P. DE EDUCACIÓN INFANTIL CONVIDARONNOS A UNHA SESIÓN DE TÍTERES NO SEU CENTRO.
PASÁMOLO EN GRANDE.
MOITAS GRACIAS VECIÑOS






jueves, 4 de mayo de 2017

SEMANA DA FROITA

A PASADA SEMÁN CELABRAMOS NO COLE A SEMANA DE CONSUMO DE FROITA FRESCA. (do 24 ao 28 de Abril)
TIVEMOS MAZÁS VERMELLAS O LUNS, LARANXAS O MARTES, PLÁTANOS O MÉRCORES, MAZÁS VERMELLAS PARA O XOVES E, MANDARINAS E KIWIS DE MERENDA PARA O VENRES.
TODOS OS NENOS E NENAS PROBARON A FROITA E ADEMAIS FIXEMOS CON ELAS DIVERTIDAS ACTIVIDADES.
AQUÍ TENDES ALGUNHAS FOTIÑOS.









domingo, 26 de marzo de 2017

SESIÓN DE IOGA


Á volta do recreo chegamos á aula algo nerviosos e faladores, para axudarnos a volver á calma e poder traballar mellor esta semana fixemos unha sesión de ioga. Foi tan só unha primeira achega a esta práctica pero gustounos moito, porque ademais os nomes das "asanas" eran nomes de animais.
Estas son algunhas das posturas que aprendimos
A BOLBORETA
A XIRAFA
O CAN




viernes, 17 de marzo de 2017

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

HOXE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS CRUZAMOS A RUA PARA IR DE VISITA AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. E ALÍ ESTABA NADA MAIS CHEGAR O NOSO AMIGO ORBIL PARA RECIBIRNOS.

LOGO TIVEMOS UN CONTACONTOS MOI CHULO, UNHA CIENTÍFICA-BUCEADORA FALOUNOS DE UN FEIXE DE PEIXES CON NOMES RARÍSIMOS.
PERO A SÚA ESPECIALIDADE ERAN OS CABALIÑOS DE MAR, E CONTOUNOS UN FEIXE DE COUSAS SOBRE ELES, E COMO NOS PORTAMOS MOI BEN DEIXOUNOS TOCAR UNS CABALIÑOS DESECADOS QUE TRUXO DO SEU LABORATORIO EN VIGO.

DESPOIS A NOSA MONITORA LEVOUNOS A VER TODA A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS, E CLARO! A NÓS O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI O DA XUNQUEIRA 2.





sábado, 11 de febrero de 2017

Contacontos: Raquel Queizás

Este venres visitounos na biblio do cole a contacontos Raquel Queizás. Como parte dunha serie de historias para traballar emocións contounos "Xa son maior" e " A xirafa Timotea".
Deixovos un video onde poderedes ver o ben que o pasamos.


domingo, 29 de enero de 2017

Uns contacontos moi especiais

A semana pasada tivemos unha sorpresa na biblioteca do cole. Os pais de Martín Calvo viñeron a contarnos un conto ao carón da chimenea. Os nenos disfrutaron moitísimo ca historia do dragón Martiño que non era quen de botar lume pola boca ata que probou os pementos de Padrón. Unha fermosa e divertida historia que nos enganchou a profes e nenos. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.