domingo, 26 de marzo de 2017

SESIÓN DE IOGA


Á volta do recreo chegamos á aula algo nerviosos e faladores, para axudarnos a volver á calma e poder traballar mellor esta semana fixemos unha sesión de ioga. Foi tan só unha primeira achega a esta práctica pero gustounos moito, porque ademais os nomes das "asanas" eran nomes de animais.
Estas son algunhas das posturas que aprendimos
A BOLBORETA
A XIRAFA
O CAN




viernes, 17 de marzo de 2017

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

HOXE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS CRUZAMOS A RUA PARA IR DE VISITA AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. E ALÍ ESTABA NADA MAIS CHEGAR O NOSO AMIGO ORBIL PARA RECIBIRNOS.

LOGO TIVEMOS UN CONTACONTOS MOI CHULO, UNHA CIENTÍFICA-BUCEADORA FALOUNOS DE UN FEIXE DE PEIXES CON NOMES RARÍSIMOS.
PERO A SÚA ESPECIALIDADE ERAN OS CABALIÑOS DE MAR, E CONTOUNOS UN FEIXE DE COUSAS SOBRE ELES, E COMO NOS PORTAMOS MOI BEN DEIXOUNOS TOCAR UNS CABALIÑOS DESECADOS QUE TRUXO DO SEU LABORATORIO EN VIGO.

DESPOIS A NOSA MONITORA LEVOUNOS A VER TODA A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS, E CLARO! A NÓS O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI O DA XUNQUEIRA 2.