domingo, 29 de enero de 2017

Uns contacontos moi especiais

A semana pasada tivemos unha sorpresa na biblioteca do cole. Os pais de Martín Calvo viñeron a contarnos un conto ao carón da chimenea. Os nenos disfrutaron moitísimo ca historia do dragón Martiño que non era quen de botar lume pola boca ata que probou os pementos de Padrón. Unha fermosa e divertida historia que nos enganchou a profes e nenos. Moitísimas grazas pola vosa colaboración.