miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAGOSTO

 ESTE ANO NO COLE QUIXEMOS XUNTAR AS DÚAS CELEBRACIÓNS IMPORTANTES DESTAS DATAS, COMO SON O SAMAÍN E O MAGOSTO. A VERDADE É QUE O RESULTADO FOI ESTUPENDO: TIVEMOS TEMPO DE PREPARAR DEBUXOS, MANUALIDADES, DE LER CONTOS, DE APRENDER CANCIÓNS E PUIDEMOLO POÑER TODO EN MARCHA ESTE MARTES 31 DE OUTUBRO.

COMENZAMOS O DÍA CA PROXECCIÓN DO CONTO BOLA DE MANTEIGA, NA QUE COLABORARON OS COMPAÑEIROS DE 2º DE PRIMARIA.



AO REMATAR O CONTO ENCENDERONSE AS CABAZAS QUE DECORABAN O SALÓN DE ACTOS. NA HORA DO RECREO BAIXAMOS AO PATIO ONDE NOS ESPERABA O CASTAÑEIRO CON DÚAS LOCOMOTORAS CHEAS DE CASTAÑAS PARA DEGUSTAR, ALGUNHAS QUE SOBRARON LEVAMOLAS PARA CASA NOS CESTIÑOS QUE TROUXEMOS.

MOITAS GRAZAS FAMILIAS POR COLABORAR CONNOSCO, MANDANDO CASTAÑAS, CESTIÑOS E CABAZAS. FOI O MELLOR SAMAGOSTO DO MUNDO MUNDIAL.

1 comentario: