miércoles, 22 de noviembre de 2017

Argallando algo moi grande

Ola Familias!
Estas semanas solicitamos a vosa colaboración para que nos achegásedes ao cole bricks de cartón. Antes de nada, moitas grazas a todos e todas.
Estes bricks van ser a primeira parte dun gran proxecto que estamos a por en marcha, no que prantaremos árbores autóctonas e coidaremos delas ata que poidan ser transplantadas ao monte.
A semana pasada tocoulle o turno ás castañas, estivemos seleccionando aquelas que non estiveran furadas e deixamolas en agua un día enteiro, as que flotaban non valían para plantar. Ao día seguinte fixemos buratos nos bricks e enchémolos de terra, para logo colocar en cada un deles unha castaña e cubrila cun pouco de papel húmido, nunhas semanas veremos os resultados, mestres tanto deixo aquí unhas fotos dos pequenos traballando.
Unha aperta.



 

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario