viernes, 17 de marzo de 2017

VISITA AO SALÓN DO LIBRO

HOXE OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS CRUZAMOS A RUA PARA IR DE VISITA AO SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. E ALÍ ESTABA NADA MAIS CHEGAR O NOSO AMIGO ORBIL PARA RECIBIRNOS.

LOGO TIVEMOS UN CONTACONTOS MOI CHULO, UNHA CIENTÍFICA-BUCEADORA FALOUNOS DE UN FEIXE DE PEIXES CON NOMES RARÍSIMOS.
PERO A SÚA ESPECIALIDADE ERAN OS CABALIÑOS DE MAR, E CONTOUNOS UN FEIXE DE COUSAS SOBRE ELES, E COMO NOS PORTAMOS MOI BEN DEIXOUNOS TOCAR UNS CABALIÑOS DESECADOS QUE TRUXO DO SEU LABORATORIO EN VIGO.

DESPOIS A NOSA MONITORA LEVOUNOS A VER TODA A EXPOSICIÓN DE TRABALLOS, E CLARO! A NÓS O QUE MAIS NOS GUSTOU FOI O DA XUNQUEIRA 2.





No hay comentarios:

Publicar un comentario